O día das Letras Galegas comezou a celebrarse o 17 de maio de 1963, esta data coincide co centenario da primeira edición de Cantares gallegos de Rosalía de Castro.
O 20 de marzo de 1963., tres membros da RAG ( Real Academia Galega ) presentaron a súa proposta de homenaxear o 17 de maio a un escritor galego, coa única condición de que este autor ou autora ao que lle homenaxean o día das letras galegas ten que levar moto dez anos como mínimo.
Este ano o día das letras galegas foi adicado ao poeta : Xose María Diaz Castro
En 1929 ingresou no seminario de Mondoñedo aínda que non se ordeou. Foi profesor en Madrid no ano 1948 e posteriormente traballou no Ministerio de Interior e no Instituto de Estudos Hispánicos, polo seu coñecemento de 14 idiomas.
Foi autor dunha soa obra galega: NIMBOS ( 1961), que influíu en autores galegos posteriores pola súa perfección e pola súa preocupación por Galicia e os problemas básicos do ser humano, como a vida, a morte, o tempo, etc.
Díaz Castro pertence a Xeración do 36, ao lado de poetas moi coñecidos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario